FORMACIÓN DO FEMININO
- Cando o masculino remata en vogal átona, fórmase o feminino cambiando o –ofinal por un –a:
avogado – avogada
presidente – presidenta
- Se o masculina remata en vogal tónica, o feminino fórmase engadindo un –a:
avó – avoa
- Se o masculino remata en consoante distinta de –n , engádese un –a:
pastor – pastora
- Se o masculino remata en –ín, engade un –a:
pescantín - pescantina
- Se o masculino remata en –eu, cambia esta terminación por –ía:
xudeu - xudía
- Se o masculino remata en –ón, desaparece o –n final e engade un –a:
patrón - patroa
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ona:
abusón - abusona
- Se o masculino remata en -án, o feminino fórmase coa desaparición do –n final:
irmán – irmá
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ana:
lacazán - lacazana
- Ás veces, o feminino fórmase cun morfema derivativo:
actor - actriz
rei - raíña
- Noutras ocasións, a oposición de masculino / feminino é a base de semantemas diferentes:
cabalo - egua
home - muller
- Ás veces, a oposición de xénero dáse só mediante o artigo:
o artista - a artista
- Con algúns animais, cómpre engadir ao seu carón a palabra “macho” ou “femia”:
leopardo macho - leopardo femia
A oposición de xénero pode servir para:
- Diferenciar seres polo sexo: o boi - a vaca
- Diferenciar seres polo tamaño ou pola forma externa. O feminino adoita designar o ser de maior tamaño: o cesto - a cesta
- Diferenciar entre individual e colectivo: o gran - a gra