TEMA 1 (1º Bac.): A COMUNICACIÓN E A LINGUAXE
TEMA 1 (1º
Bac.): A COMUNICACIÓN E A LINGUAXE
1. A comunicación
- transmisión
intencional de información
- mediante un sistema de signos (código) coñecido tanto
por quen emite a información (emisor)
como por que a recibe (receptor).
O coñecemento do código pode ser de
carácter innato, como sucede no caso da comunicación animal, ou aprendido, como
sucede no caso da comunicación humana.
A comunicación pode ir desde a
simple emisión dun estímulo que espera unha resposta por parte do receptor
(comunicación animal) a mensaxes de gran complexidade e abstracción, que é o
que permite facer a comunicación verbal, exclusiva dos seres humanos.
2.
Elementos da comunicación:
O lingüista ruso Roman Jakobson estableceu
en 1948 os factores ou elementos da comunicación e relacionounos coas funcións da linguaxe como se pode ver no seguinte esquema:
CONTEXTO
Función referencial
EMISOR
MENSAXE RECEPTOR
Función
expresiva
Función
poética
Función conativa
CANLE
Función fática
CÓDIGO
Función
metalingüística
O emisor é quen
inicia o acto de comunicación mediante a transmisión dunha mensaxe dirixida a un receptor utilizando un código común a ambos os dous. O medio polo que se transmite esta
mensaxe é a canle e todas as circunstancias
exteriores que rodean o acto comunicativo é o contexto.
EMISOR: É o que
transmite unha información
dirixindo unha mensaxe a un ou varios receptores.
RECEPTOR: E a persoa
que recibe a información da mensaxe.
MENSAXE: É a
información que se transmite. ( expresión e
contido).
CÓDIGO: É o conxunto de signos e regras que combinados conforman a mensaxe (
fonemas, palabras, regras gramaticais...)
CANLE: é a vía ou
conduto polo que se
transmite a mensaxe.
REFERENTE ( CONTEXTO) : é
realidade extralingüística á que
se refire a mensaxe.
4. FUNCIÓNS DA LINGUAXE
As funcións da linguaxe teñen moito que ver con onde o emisor
decide poñer o interese fundamental da súa comunicación, é dicir, cal destes
factores comunicativos cobra maior relevancia no acto de comunicación.
Se o foco de atención está nos sentimentos do emisor, falamos de que
predomina a función expresiva.
Se o que se pretende é lograr unha reacción do
receptor, falamos de función
apelativa.
Se o centro da comunicación é o
contexto estamos diante da función referencial.
Se a intención é comprobar que a canle pola
que circula a mensaxe funciona ben, estamos usando a función fática.
Cando a forma da mensaxe é o principal o que
predomina é a función poética.
Cando nos centramos no propio
código, función metalingüística.
5. SIGNO LINGÜÍSTICO :
significante e significado
Empezamos falando da comunicación en
xeral e acabamos falando da comunicación específicamente humana, a comunicación
verbal.
Os animais comunícanse entre si
dunha maneira innata, é dicir, nacen aprendidos, e os seres humanos, que
despois de todo somos tamén animais, sabemos comunicarnos tamén deste xeito,
sen palabras, mediante signos olfactivos, acústicos, táctiles e visuais. Pero a comunicación verbal permítenos máis posibles mensaxes e máis
complexos. Onde reside a
diferenza? Na natureza do signo lingüístico.
O signo lingüístico é a unidade básica da lingua. Consiste
na asociación arbitraria dun significante e un significado.
Significante
--------- unión de fonemas
Significado ---------- concepto
ao que asociamos o significante.
O signo lingüístico foi descrito polo lingüista suízo
Ferdinand de Saussure coas seguintes características:
–É biplano: consta de dúas caras
estreitamente relacionadas: o significante e o significado. O significante é a
parte material do signo, a sucesión de sons que percibimos formando unha “imaxe
acústica”. O significado é o concepto ao cal asociamos esa secuencia sonora, é
dicir, a “imaxe mental” que creamos ao escoitar, por exemplo, unha palabra.
–É lineal: Os sons que compoñen o
significante desenvólvense linealmente e os signos vanse encadeando, tamén
linealmente, na cadea falada.
–É arbitrario e inmotivado. A
relación entre significado e significante non responde a unha regra lóxica, é
unha relación inmotivada, froito dun acordo entre unha comunidade de falantes
que o acepta de maneira arbitraria. A dimensión social da linguaxe humana cobra
aquí relevancia.
–É articulado: As unidades
lingüísticas son susceptibles de dividirse en unidades máis pequenas que poden
á súa vez ser reutilizadas na construción de novas mensaxes.
6.
A DOBRE ARTICULACIÓN DA LINGUAXE
Así
segmentando por medio dos procedementos de oposición e combinación podemos
falar de dobre articulación da
linguaxe:
A 1º articulación está formada por unidades que teñen
significante e significado.
A 2ª articulación está formada polas unidades máis pequenas
que teñen significante pero non significado.
Dentro da 1ª articulación da
linguaxe, polo tanto, estarían unidades lingüísticas con significante e
significado, de maior a menor: texto, oración, frase, palabra, monema.
Dentro da 2ª articulación estaría a unidade máis pequena, con
significante pero sen significado: fonema.
Deste xeito, a partir de 26 fonemas, combinados entre si, podemos
construír innumerables signos lingüísticos que, á súa vez, combinados entre si,
son capaces de crear infinitas mensaxes.
Os estudos lingüísticos especializáronse
no estudo do funcionamento destas unidades lingüística que acabamos de
distinguir, desde a gramática do texto (textos), a sintaxe (oracións e frases),
a morfoloxía (palabras e monemas) ata a fonoloxía (fonemas).
7.
A LINGUA
COMO SISTEMA
Para rematar co tema, imos definir
tres conceptos básicos que utilizaremos máis dunha vez ao longo do curso:
Linguaxe: é a capacidade humana de comunicarse
mediante signos lingüísticos.
Lingua ou idioma: cada unha das manifestación
sociais concretas da linguaxe. Cada lingua é un sistema de signos (un código) e
as regras que permiten combinalos.
Fala: é a utilización que cada individuo
pertencente a unha comunidade lingüística fai da súa lingua.
8.
AS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS
En cada
lingua conviven unha
serie de variedades lingüísticas,
relacionadas con factores históricos, xeográficos, culturais,
sociais,profesionais, e contextuais.
As
variedades dentro dunha lingua poden ser:
Variedades
estruturais:
- variedades diacrónicas ou históricas ( galego medieval, medio,
contemporáneo)
- variedades diatópicas ou dialectais (
Bloque occidental, central, oriental)
Variedades de
uso:
- variedades diastráticas ou sociolectos (nivel culto.coloquial,
vulgar) Dependen da formación dos
falantes.
- variedades
disfásicas ou contextuais ( rexistro formal, coloquial). Dependen
relación entre as persoas, o tema do que
se fala, a situación e lugar no que se fala, a canle oral ou
escrita, e a intención).
REXISTRO
COLOQUIAL OU INFORMAL
Emprégase
en actos de fala da
vida cotiá.
Ten unha gran
riqueza de entoacións e unha pronuncia
descoidada.
Utilizánse palabras cliché ou de significado xeral.
Inclúe
vulgarismos,dialectalismos, castelanismos.
Presenta unha
sintaxe simple.
Aparecen
moitos deícticos.
Abundan
as interpelacións ao interlocutor.
REXISTRO FORMAL
É o que utilizamos cando nos comunicamos con
descoñecidos, en situacións nas que non existe ningún ambiente de confianza e
sobre temas non personais.
Pronuncia coidada.
Pronuncia coidada.
Sintaxe complexa, con moitas oracións
subordinadas e un uso amplo de conectores textuais.
Maior precisión e riqueza léxica.
Utilización de fórmulas de
cortesía .