BLOG DE AULA DE 1º DE BACHARELATO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOGUE DE AULA DE 1º DE BACHARELATO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO.

Este é un blog que espero que nos axude nas nosas clases. con diferentes aportación sobre esquemas, resumos, comentarios e outro material interesante ao que todos podemos ter acceso. É un blog aberto a todos así que espero as vosas colaboracións.

29 may 2011

Repaso A segmentación dos verbos

Se aínda tes problemas coa segmentación dos verbos, pincha neste enlace e atoparás tanto os verbos regulares como os irregulares coa súa segmentación. Pincha no cadro rosa para os verbos regulares e enriba de cada un dos verbos irregulares (cadro marrón).

22 may 2011

Expotaku A Coruña 2011



A feira de amantes do manga e o anime Expotaku aséntase no calendario cultural da cidade. Na súa segunda edición incrementou o público da primeira con máis de 5000 asistentes.
Había todo tipo de ramificacións do mundo otaku. Karaokes en xaponés, exhibicións de baile para para, torneos de videoxogos xaponeses, demostracións de cover dance, conferencias sobra a orixe da moda lolita e moitas actividades complementarias ademais de moitos cosplayers, persoas que se disfrazan como os seus heroes de cómics, videoxogos e series de anime.
Ademáis houbo varias conferencias sobre a historia de Xapón, o debuxo manga e proxeccións de films xaponeses en versión orixinal.
“Paseino moi ben unha das cousas que máis me gustaron foros as lolitas e a roupa preciosa que traen de Xapón. Ademais do bo ambiente que había entre todos, a xente facéndose fotos cos cosplayers, xogando nas competicións de videoxogos, as coregrafías de baile... en xeral, todo. Espero volver o próximo ano” Ana
Aquí tedes un enlace para ter máis información sobre el lolita e sobre a bonecas xaponesas:

http://www.lapizypapel.es/lolita/unirte.html
http://www.flickr.com/groups/bonecaz/
http://librariaendo.blogspot.com/


18 may 2011

Os nosos cartaces dixitais












Máis murais dixitais

16 may 2011

Expotaku 2011 A Coruña

A fin de semana do 20 ao 22 de maio terá lugar a segunda edición de Expotaku na Coruña o segundo salón do manga de Galicia organizado por Movemento Xove. Este salón repite espazo no Recinto Ferial Expocoruna

Por un módico prezo podedes asistir a multitude de obradoiros, cursos, participar en concursos e proxeccións. Lembrade que para moitos de esas actividades tedes que inscribiros previamente no foro da organización.

Programa

9 may 2011

Lois Pereiro 2011 Actividades

Este  ano  o  Día   das  Letras  Galegas  está  adicado  a  Lois  Pereiro,  aquí  tes unha   serie  de actividades para   saber  algo  máis   sobre  a  súa   vida  e  a súa  obra.  Pincha  no enlace   que  está   debaixo da  imaxe.



http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/loispereiro/loispereiro.html

Lois Pereiro 2011

O Equipo de Dinamización do CEIP A Ponte elaborou este magnífico material sobre a vida e a obra de Lois Pereiro. Noraboa polo seu traballo.

6 may 2011

O infinitivo conxugado. As perífrases

Pincha no enlace a continuación a accederás a unha páxina específica de exercicios sobre verbos, pero os exercicios que máis nos interesan son os exercicios do infinitivo conxugado e as perífrases.

Practica   cos   exercicios 9, 10, 11 e  12.   Recorda  que  te  podes  autocorrixir, pinchando  na  interrogación.

http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo2.htm

Como se segmentan os verbos

Intentei facer un esquema o máis claro posible sobre a segmentación dos verbos que espero que vos sirva de axuda. Tamén aparecen os casos nos que se debe utilizar o infinitivo conxugado. Espero poder poñer un esquema dos verbos irregulares, polo menos das formas que presentan máis problemas.

2 may 2011

Outro glogster sobre Lois Pereiro.

Mural dixital sobre Rosalía de Castro

Anímate a facer o teu mural dixital. Leticia Serrano de 1º A de Bacharelato elaborou sobre Rosalía de Castro. Noraboa está moi ben.

Mural Glogster Lois Pereiro 2011

Elabora o teu  mural  dixital  para imprimilo e expoñelo na  semana  das  Letras Galegas.