BLOG DE AULA DE 1º DE BACHARELATO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOGUE DE AULA DE 1º DE BACHARELATO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO.

Este é un blog que espero que nos axude nas nosas clases. con diferentes aportación sobre esquemas, resumos, comentarios e outro material interesante ao que todos podemos ter acceso. É un blog aberto a todos así que espero as vosas colaboracións.

16 may 2011

Expotaku 2011 A Coruña

A fin de semana do 20 ao 22 de maio terá lugar a segunda edición de Expotaku na Coruña o segundo salón do manga de Galicia organizado por Movemento Xove. Este salón repite espazo no Recinto Ferial Expocoruna

Por un módico prezo podedes asistir a multitude de obradoiros, cursos, participar en concursos e proxeccións. Lembrade que para moitos de esas actividades tedes que inscribiros previamente no foro da organización.

Programa

9 may 2011

Lois Pereiro 2011 Actividades

Este  ano  o  Día   das  Letras  Galegas  está  adicado  a  Lois  Pereiro,  aquí  tes unha   serie  de actividades para   saber  algo  máis   sobre  a  súa   vida  e  a súa  obra.  Pincha  no enlace   que  está   debaixo da  imaxe.



http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/loispereiro/loispereiro.html

Lois Pereiro 2011

O Equipo de Dinamización do CEIP A Ponte elaborou este magnífico material sobre a vida e a obra de Lois Pereiro. Noraboa polo seu traballo.

6 may 2011

O infinitivo conxugado. As perífrases

Pincha no enlace a continuación a accederás a unha páxina específica de exercicios sobre verbos, pero os exercicios que máis nos interesan son os exercicios do infinitivo conxugado e as perífrases.

Practica   cos   exercicios 9, 10, 11 e  12.   Recorda  que  te  podes  autocorrixir, pinchando  na  interrogación.

http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo2.htm

Como se segmentan os verbos

Intentei facer un esquema o máis claro posible sobre a segmentación dos verbos que espero que vos sirva de axuda. Tamén aparecen os casos nos que se debe utilizar o infinitivo conxugado. Espero poder poñer un esquema dos verbos irregulares, polo menos das formas que presentan máis problemas.

2 may 2011

Outro glogster sobre Lois Pereiro.

Mural dixital sobre Rosalía de Castro

Anímate a facer o teu mural dixital. Leticia Serrano de 1º A de Bacharelato elaborou sobre Rosalía de Castro. Noraboa está moi ben.