BLOG DE AULA DE 1º DE BACHARELATO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOGUE DE AULA DE 1º DE BACHARELATO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO.

Este é un blog que espero que nos axude nas nosas clases. con diferentes aportación sobre esquemas, resumos, comentarios e outro material interesante ao que todos podemos ter acceso. É un blog aberto a todos así que espero as vosas colaboracións.

7 ene 2015

Formación do plural

FORMACIÓN DO PLURAL


- As palabras rematadas en ditongo, vogal ou en –n engaden -s:
lei   -   leis
avó   -    avós
can  -    cans
- As palabras rematadas en consoante distinta de –n ou –s engaden –es:
Flor -  flores
- Os substantivos rematados en –s:
. Se son agudas engaden –es:
Siamés  -   siameses
. Se rematan en grupo consonántico, se son graves ou esdrúxulas, permanecen INVARIABLES, é dicir, presentan sincretismo.
o luns  -    os luns
o lapis   -    os lapis
o mércores   -    os mércores
- Os substantivos rematados en –l:
. Os monosílabos fan o plural engadindo –es
mel   -   meles
. As palabras graves engaden –es
túnel  -   túneles
. As palabras compostas con algún destes monosílabos engaden –es
ollomol  -    ollomoles
. As palabras agudas quitan o –l e engaden –is
animal  -  animais
- Os substantivos rematados en –x presentan sincretismo, polo que o número vén indicado polo artigo
o tórax   -    os tórax
- Os cultismos e os préstamos que rematan en calquera outra consoante, engaden -s
club  -   clubs
lord  -    lores
- Plural das palabras compostas:
. Se os dous compoñentes non están perfectamente soldados, o plural faise nas dúas palabras:
garda civil    -    gardas civís
. Se o composto está constituído por unha forma verbal ou palabra invariable e outro elemento, ou se os dous elementos están separados por un guión, só este segundo elemento vai en plural:
norte-africano    -     norte-africanos
galego-falante     -     galego-falantes
. Nas construcións con preposición só o primeiro elemento vai en plural:
estrela de mar   -      estrelas de mar
. Cando os dous elementos son substantivos e van separados, de maneira que o segundo modifica o primeiro, só recibe marca de plural o primeiro elemento:
sofá cama    -      sofás cama
cidade xardín     -        cidades xardíns

O XÉNERO DO SUBSTANTIVO

O XÉNERO DO SUBSTANTIVO


O xénero é un signo gramatical que leva todo substantivo. Polo xénero os substantivos poden ser masculinos ou femininos. Polo xeral, os substantivos te­ñen un só xénero: ou son masculinos ou son femininos. Non obstante, hai substan­tivos que admiten a variación de xénero e, xa que logo, poden estar en masculino ou en feminino. Exemplo:     
avogado/avogada
xudeu/xudía
A adscrición a un xénero ou a outro vén indicada pola concordancia que o substantivo lles impón aos outros elementos do sintagma nominal:
- Os substantivos masculinos combínanse coas formas masculinas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
o teléfono vermello
o rapaz alto
- Os substantivos femininos combínanse coas formas femininas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
a ponte vella
a vaca rubia

Son masculinos

·        Os nomes das letras:
o a, o be, o ce, o gue, o e, o xe, o uve...
·        Os substantivos rematados en  -ote:
lote, o dote...
·        Os rematados en  -ume:
o fume, o cume...  (pero a pesadume, a servidume)
·        Os substantivos rematados en  -me:
abdome, o exame, o arame...
·        Outros coma o leite, o mel, o fel, o sal, o sinal, o labor, o nariz, o sangue, o berce, o la­bor, o sorriso, o ubre, o cárcere, o cal...

Son femininos

·        Os substantivos rematados en   -axe:
a homenaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a sondaxe... excepto traxe, paxe, garaxe e personaxe (que tamén pode ser feminino).
·        Os substantivos rematados en  -se,  -ite:
a análise, a crise, a énfase, a farinxite, a hepatite, a dermatite...
·        Os seguintes substantivos: a árbore, a arte, a canle, a calor, a cor,  a dor, a orde, a orixe, a vertixe, a pantasma, a ponte, a síndrome, a suor...
·                 A maioría das árbores froiteiras, o mesmo que a froita que dan: a maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira, a ameixeira, a claudieira, a laranxeira...
        Se o nome da froi­ta é masculino, polo xeral o nome da árbore tamén o é: olimoeiro-o     limón, o pexegueiro-o pexego.
         Son excepcións:    a figueira-o figo,     o castiñeiro-a castaña.

Formación do feminino

FORMACIÓN DO FEMININO


- Cando o masculino remata en vogal átona, fórmase o feminino cambiando o –ofinal por un  –a:
avogado – avogada
presidente – presidenta
- Se o masculina remata en vogal tónica, o feminino fórmase engadindo un –a:
avó – avoa
- Se o masculino remata en consoante distinta de –n , engádese un –a:
pastor – pastora
- Se o masculino remata en –ín, engade un –a:
pescantín  -  pescantina
- Se o masculino remata en –eu, cambia esta terminación por  –ía:
xudeu  -  xudía
- Se o masculino remata en –óndesaparece o –n final e engade un –a:
patrón -  patroa
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ona:
abusón -  abusona
- Se o masculino remata en -án, o feminino fórmase coa desaparición do –n final:
irmán – irmá
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ana:
lacazán -  lacazana
- Ás veces, o feminino fórmase cun morfema derivativo:
actor -  actriz
rei  -   raíña
- Noutras ocasións, a oposición de masculino /  feminino   é a base de semantemas diferentes:
cabalo  -  egua
home  -  muller
- Ás veces, a oposición de xénero dáse só mediante o artigo:
o artista   -   a artista
- Con algúns animais, cómpre engadir ao seu carón a palabra “macho” ou “femia”:
leopardo macho  - leopardo femia
A oposición de xénero pode servir para:
-          Diferenciar seres polo sexo: o boi -  a vaca
-          Diferenciar seres polo tamaño ou pola forma externa. O feminino adoita designar o ser de maior tamaño: o cesto  -   a cesta
-          Diferenciar entre individual e colectivo:  o gran  -   a gra

O SUBSTANTIVO

O SUBSTANTIVO


É unha clase de palabras que designa cousas, seres ou conceptos abstractos (casa, home, amor); caracterízase por estar formado por un lexema ou máis nos compostos (vacaloura), que achega o significado léxico, e por morfemas derivativos (sufixos e prefixos) e/ou flexivos (xénero e número).
TIPOS DE SUBSTANTIVOS:
Substantivos propios (topónimos, antropónimos e patronímicos) e comúns.

Os comúns poden ser:

1.- Pola orixe:
.- Primitivos: se non teñen ningún morfema derivativo. Exemplo: mesa
.- Derivados: se teñen morfema derivativo. Exemplo: mesiña

2.- Pola composición:
.- Simples: cun só lexema. Exemplo: mesa
.- Compostos: dous ou máis lexemas. Exemplo: beirarrúa

3.- Polo significado:
.- Abstractos: designan calidades dos seres. Exemplo: paz
.- Concretos: con existencia real. Exemplo: mesa
Á súa vez, os concretos divídense en:
- non contables: podemos medilos ou pesalos. Exemplo: fariña
- contables: que se poden contar. Poden ser:
                      . individuais: designan un só ser. Exemplo: mesa
                      . colectivos: designan un conxunto. Exemplo: rabaño

Así pois, un substantivo como MESA clasifícase como: substantivo común, primitivo, simple, concreto, contable, individual.

Formación de xénero e número

http://www.slideshare.net/xafrico/xnero-e-nmero-galego-a2-presentation

28 oct 2014

O TEXTO NARRATIVO

 Aquí  temos unha  boa  presentación     sobre os elementos  máis importantes  da narración.

13 oct 2014

Como facer unha liña do tempo

Aquí  tes  dúas  ferramentas  coas  que podes  elaborar unha liña  do tempo en  relación coa orixe  do galego.
Tes dúas  posibilidades  TIME  RIME  E  DIPITY.
Aquí  tedes un exemplo  sobre  a  historia da aviación